O Club de Piragüismo Altruán ofrece a posibilidade de integrarse a unha escolma dos nenos/as da EDMP na súa equipa de competición infantil participando nunha ou varias das competicións ás que ésta acude. O neno/a interesado, deberá comunicalo facendo entrega dunha série de documentación para que o Clube poida tramitarlle a preceptiva Licencia Federativa de Competición. Do coste de tramitación faise cargo o CP Altruán. A actividade é gratuita.

¿En que consiste a actividade?

O neno/a acude a unha competición da Liga Galega de Promoción organizada pola Federación Galega de Piragüismo. Son regatas según categorías e embarcación en séries de mangas de 1750 e 3500 m según idades dos nenos. Desenvolvense en pantanos e rías abrigadas e con todas as  condicións de seguridade esixibeis.

O Club facilita o transporte do neno seleccionado e vai a cargo deste o xantar ou ben a  merenda. Proporciónase un horario para saída dende a Praia dos Bloques e hora estimada de retorno – depende do desenvolvemento das competicións.

 
 

Documentación necesaria para tramitar unha licenza de competición

  • Impreso debidamente cumprimentado polo pai/nai ou titor.
  • Fotocopia do DNI do neno/a ou do libro de familia onde consten os datos do neno/a.
  • Fotografía recente tamaño carné
TEMPADA 2011
Marzo
Sábados
de 16:30 a 19:00 horas
Abril
Sábados
de 16:30 a 19:00 horas
Maio
Sábados
de 16:30 a 19:00 horas
Xuño
Sábados
de 16:30 a 19:00 horas
Xullo
Luns e mércores
de 16:30 a 19:00 horas
Agosto
Luns e mércores
de 16:30 a 19:00 horas